Sin categoría

Adeprender a ler

Chámanlle a “Marquesiña” e os seus peíños endexamais se calzaron.

Durme, neniño, que teño que faser/lava-los pañales, planchar e coser…

Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.

Na única foto que miña nai ten de cando era pequena, sae de par dun globo terráqueo, na escuela.

Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña.

As súas notas eran notable e sobresaliente, eu vinas. Destacaba en Matemáticas. Quitárona de estudar por ser muller e a duras penas se informou para dar sido costureira, coa señora Henriqueta, unha comunista que lle falaba da Unión Soviética e vivía arrexuntada en plena longa noite de pedra.

Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a Marquesiña.

Pasteles. Dicía que de cativa quedaba aparvada mirando para os escaparates cheos de paxtélex. Así dito. Aquélex paxtélex.

A súa nai é tan pobre que traballa de xornaleira na casa do Marqués.

Miñanai aprendeume a ler dúas veces. Unha cando me metía na cama a canda ela a xogar a que lía, co libro do revés case sempre.*

E aínda lle chaman a Marquesiña!

E que aínda che chaman a Marquesiña.


*A outra cando me explicou que á Marquesiña lle chamaban así porque o Marqués violara a súa nai.

Que non eran marqueses os que lle inventaran o alcume.

Que a ironía en Galicia que se chama retranca.

Que a retranca é a arma dos pobres contra si ou contra todo.

Que cando si, que algho se move.

En serio.

Que cando les un texto coma este, botas o resto da túa vida a lelo.


“Adeprender a ler”, O LEO I ARREMECÁGHONA, Machismos: de micro nada. Fiadeiras, 2015

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s