Sin categoría

O aturuxo

Rescatamos uma jóia que Xosé pescou pelas redes para iniciar uma seleção de textos literários sobre a mulher.

Falamos com Roberto Roget (o autor) e deu-nos permisso.

Miles de graças a ele, á sua avoa e às mulheres bravas que andam a cavalo a agruar e escorrentar lobos.

Accede ao texto na rede.


Hai 65 anos estouraba un aturuxo nesta portela… Historias de mulleres ao pé da lareira: “Cando era nova tiña que coidar do gando no monte de Antrosregos, ter conta do lobo ou de que non se meteran as vacas nas leiras alleas. Quería mellor botar días e noites con elas, que non andar leguas como facían outras para poñeren piñeiros ao xornal… e dicindo mentiras, como que tiñan 16 anos se tiñan 15. Deixábanme unha besta que voaba e eu ía a cabalo de perna aberta. Unha vez á tardiña vin dous homes que se achegaban caladamente pola volta do valado, un deles aínda hoxe está vivo, e púxoseme un nó na gorxa. Unha muller soa no monte tiña que dar máis conta dos homes ca dos lobos. Xa estaban tan preto da portela coma min e agarrei as crinas para fuxir, a besta saltaba os regos que tiña o demo… e cando pasamos a portela deixámolos atrás nosa. Insulteinos e agruei, un aturuxo que me saíu do máis fondo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s