Sin categoría

Masculino singular

ALIEN

Procede do espazo interior.

 

Permanece latente, acazapado nun lugar lamacento entre o ventre e o cerebro.

 

Leva séculos nas vísceras, a devorar os sedimentos que o instinto deita na conciencia, as miasmas putrefactas da tradición e do rito.

 

Habita os sumidoiros da masculinidade, redutos neuronais non controlados pola razón, áreas de pensamento infectadas por unha smántica de violencia.

 

Aliméntase de ignorancia e testosterona.

 

Induce, como un estímulo dexenerativo, a exercer o poder, o dominio, a humillación.

 

Actúa como un micoorganismo altamente agresivo.

 

Fai perder o control a individuos aparentemente civilizados. seres que fabrican mitos , bican bandeiras, producen fillos.

 

Cando se manifesta, ataca como un auténtico depredador.

 

A súa presa predilecta denomínase ser humano con caracteres sexuais femininos.

 

X-MEN

Son mutantes.

Insubmisos emocionais.

Homes sen himno, sen rifle, sen biblia.

Homes en tránsito, elásticos e volátiles.

Homes que non comprenden as estatuas ecuestres.

Homes sen táboas de lei, sen peañas de sangue.

Os que non conxugan formas verbais con desinencias de exterminio.

os que non aceptan ningún sufixo que derive o desexo en violación.

Homes que non provocan hemorraxias.

Homes transformers.

Homes en obras.

Porcelana fina.


CARLOS NEGRO, Masculino singular, Xerais, 2016

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s