Música para entrarmos

Labregos e Celso Emilio: Son un pasmón

Esta semana Daniela quere que entremos nas aulas cunha música dos Labregos do Tempo dos Sputniks. Pasámola o curso pasado e parece que prestou. Ben!

“Son un pasmón” (a letra é un poema de Celso Emilio Ferreiro) foi o primeiro sinxelo do seu disco Libremente. Iremos escoiando algunhas outras nas aulas.

Información dos Labregos no blogue antigo.

Aquí tedes a letra e o vídeo:


“Son un pasmón”

Letra: Celso Emilio Ferreiro

Música e arranxos: Labregos do Tempo dos Sputniks

Gravado e masterizado por Alfredo Regos.

Mesturado por Javier Mourón.

Producido por Labregos do Tempo dos Sputniks e Javier Mourón.
2015.

Son un pasmón

Son un pasmón
peatón
con opinión,
dicindo a verdade núa
pola rúa.
Nunca fun usuario
de automóbil suntuario
nin tampouco utilitario.
Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo o mundo tal cal é.
Sei da cobiza burguesa
e do furor proletario.
O pan gárdase na artesa
e a fame ronda a diario.
Ando sen présa,
nada altera o meu horario,
nin couta o meu comentario.
Non teño medo
do que o tempo traguerá,
porque sei que tarde ou cedo
o que ha de vir chegará.
Horaboa ou horamá?
¡Tanto me dá!
Ogallá
me colla vivo a noticia.
¡Que gran ledicia
ver chegar o que virá!
Para o gran suceso,
xa está aceso
acolá moi lonxe, un lume
que no mundo prenderá
e queimará
a fedenta podredume.

Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo o mundo tal cal é.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s