Música

O gaiteiro que veu de Guitiriz

img_20161110_154811-corrixida

Entraram assim. Com os seus instrumentos.

No magusto da escola.

Com o passo firme de quem sente a terra.

E ao pouco havia uma roda arredor deles. E delas.

E soaram as gaitas, as pandeiretas, o bombo, o tamboril.

As músicas chegaram ao souto e ao campo da bola e ao café.

E no Outeiro Grande ouviram por fim aquilo que somos.

E tínhamos dentro um milhão de notas guardadas.

Com tanto cuidado guardadas.

Tanto tempo queridas.

E vimo-las saír.

Da gaita que se leva do lado esquerdo do peito.

Do lado esquerdo.

Com a cabeça alta de orgulho gaiteiro

e os pés firmes na terra que tanto amamos.

O bombo grave e térreo.

O tamboril certo, concentrado.

As ferrenhas a se mexerem polo aire.

A gaiteira a termar do universo em equilíbrio perfeito.

E eles, os gaiteiros, com o fole cheio de sonhos amandados ao aire.

Numa explosão magnífica.

E agora, desde aquel dia,

vem o melro melrinho

a nos bater nos vidros.

Quer ouvir o aturuxo

a atravessar o aire

desde o fundo da terra.

Porque naquele dia, no Outeiro Grande,

ouviram por fim aquilo que somos.

 



 

Entraron así. Cos seus instrumentos.

No magosto da escola.

Co paso firme de quen sente a terra.

E ao pouco había unha roda arredor deles. E delas.

E soaron as gaitas, as pandeiretas, o bombo, o tamboril.

As músicas chegaron ao souto e ao campo de fútbol e ao café.

E no Outeiro Grande oíron por fin aquilo que somos.

E tiñamos dentro un millón de notas gardadas.

Con tanto coidado gardadas.

Tanto tempo queridas.

E vímolas saír.

Da gaita que se leva do lado esquerdo do peito.

Do lado esquerdo.

Coa cabeza alta de orgullo gaiteiro

e os pés firmes na terra que tanto amamos.

O bombo grave e térreo.

O tamboril certo, concentrado.

As ferreñas a se mexeren polo aire.

A gaiteira a termar do universo en equilibrio perfecto.

E eles, os gaiteiros, co fol cheo de soños lanzados ao aire.

Nunha explosión magnífica.

E agora, desde aquel día,

vén o merlo, merliño

a nos bater nos vidros.

Quere oír o aturuxo

a atravesar o aire

desde o fondo da terra.

 

Porque aquel día, no Outeiro Grande,

oíron por fin aquilo que somos.

Grazas, Xosé.

 

Naïr: gaiteira

Anxo: bombo

Alexia e María: pandeireteiras

Pablo: tamboril

Quique, Nico e Xosé: gaiteiros

 

Beatriz Fernández

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s