Consumo · Sin categoría

Consumo responsable

Iniciamos esta sección cun listado de páxinas onde poderedes encontrar informacións e recursos interesantes para traballarmos o tema nas aulas.

Algunhas destas páxinas conteñen recursos educativos propios que vos serán de moita utilidade.

Conforme avance o curso iremos partillando e comentando algúns deles.

Árbore

Cova da Terra

O Peto

Amarante

Galicia Viste Consciente (proxecto de Amarante)

Implicadas no Desenvolvemento

Reas Galicia

Panxea

Algunha recompilación

Moi interesante é o número dous da revista de Maos, centrado no consumo responsábel.

Consulta aquí que é MaoS

O venres virá visitarnos Ricardo, membro do grupo de consumo do Carballiño A Landra.

A Landra é un grupo de persoas do Carballiño que teñen por obxectivo común o consumo responsable: produtos ecolóxicos, producidos canto máis cerca mellor e en condicións laborais dignas para os traballadores e traballadoras.

Reúnense periodicamente para organizar e recoller os seus pedidos de lácteos, horta, legumes, cereais, arroz, pastas,…

Están integrados na Rede galega de consumo consciente e responsable e tamén fan actividades de difusión (charlas, mesas redondas, talleres, …). Teñen unha horta no IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e anualmente organizan na vila o mercado ecolóxico Bioterra.

A ver se aprendemos algo sobre alternativas galegas a este sistema que mantén na cima a unha minoría privilexiada mentres a maioría vive afogada.

Sobre cooperativas, comercio xusto, grupos de consumo, as mafias do téxtil, da alimentación, a feminización da pobreza.

Aquí un vídeo feito no CPI Eusebio Lourenzo Baleirón de Dodro no curso pasado. Por certo, a iniciativa xurdiu despois de que o García fixese alí un obradoiro de RAP. Ben!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s