Poesía

Pardedous + un.

Às vezes passa numa escola uma coisa muito pequena.

Um dia, de manhã.

Vem um poeta, do Carvalhinho, e recita versos.

E vêm com ele dois moços, também do Carvalhinho e, enquanto o poeta recita, tocam saxo e piano.

E falam de Penélope, de Medea, de língua, do amor de verdade e tocam, por exemplo, Frank Zappa.

E há versos do poeta do Carvalhinho (Quico) de Luís Pimentel, de Eduard Velasco, de Xosé María Díaz Castro, de Rochi Nóvoa…

E, nom sabemos bem que se passa, que se acende uma faísca.

Ou sim que sabemos, claro, mas nom queremos dizer ao alunado.

O segredo.

O das faíscas.

Porque às vezes, quando as vemos prender assim no alunado, as faíscas, sabemos que isso que acabam de sentir é a vida.

 

Poeta: Francisco Valeiras “Quico”.

Saxos: Alexandre Cabanelas Forneiro.

Piano: Ángel Alfonso Gulías López.

Ligazóns dos músicos:

Pardedous: http://pardedous.blogspot.com.es/

No FB: https://www.facebook.com/PARDEDOUS/?ref=ts&fref=ts&qsefr=1

4mal quartet: cuarteto con contrabaixo (Roni) e batería /Cristhian: https://www.facebook.com/pg/formalquartet/about/?ref=page_internal

Ligazóns do poeta:

Movimentos: http://www.catrineta.com/ii-edicion-en-fachada-catrinetanonou-movimentos-francisco-valeiras-quico/

https://youtu.be/XQ8XhC7VTOs

A porta verde do sétimo andar: http://aportaverde.blogspot.com.es/2013/10/poesia-de-francisco-valeiras-quico.html

Algunhas fotos: No facebook do equipo

 

Outros e outras poetas recitados:

Eduard Velasco: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/eduard-velasco

Luís Pimentel: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LuiV%E1zqu&alias=Lu%EDs+Pimentel

Xosé María Díaz Castro: https://letrasga2014.wordpress.com/

Rochi Nóvoa: http://rochinovoavazquez.blogspot.com.es/

Veremos de subir máis vídeos.

Um poema de Quico Valeiras, para partilhar:

Leremos máis nas aulas, prometo…


                            a tódalas mulleres, e con especial tacto ás da miña vida, ás que me mostran cada día a marabilla do mundo.

… a dona do corpo delgado

estreitou os peitos da terra

e co pube desfeito en escuma

abreu as cortinas de safo…

 

… a dona do corpo arrombado

leu as súas maus coma fendas

e coa casa posta d’alcume

chamou a seu ventre faiado…

 

… a dona do corpo delgado

ventando do froito sangrado furou cristais de medo

dona do corpo d’ulrike do corpo delgado de kahlo…

 

… e cando a piques

da dona dicían qu’era un maio esquecido

soubérona ser primaveira tinguindo no vento unha VOZ…

EIQUÍ-AGORA-O-NOSO-CORPO-FAGUERÉMOLO-NÓS!

 

Francisco Valeiras “Quico”, Movimentos, Catrineta, Edicións en fachada, 2016

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s