Música para entrarmos

Colle o sacho!

Estes días propomos dúas músicas para traballarmos nas aulas a importancia de sacharmos as hortas galegas (as reais e as metafóricas)

Para peques, a música chámase “A horta de Balbina” e pertence a Aire, a nova proposta de Maria Fumaça: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/11/maria-fumaca-aire.html

A horta de Balbina

é moi singular,

alí medran vitaminas

de forma natural,

onde as pitas se pasean

entre verzas e feixóns

polo día e polo sol.

Sementa cebolas e allos (que traballo!),

leitugas, tomates, feixóns,

xudías, cenorias e porros,

que colleita no verán.

E planta pemento italiano (cada ano!),

pequenos, de herbón, de padrón,

morróns, do piquillo, de Arnoia,

que ás veces pican un montón.

A horta de Balbina…

E medran no inverno os repolos (coma tolos!)

nabizas e nabos tamén,

grelos e máis coliflor,

as lesmas e os caracois.

Recolle patacas e ovos (que tortilla!)

que as pitas poñen no curral

con millo leva o nabicol,

polo cedo e polo solpor.

A horta de Balbina

ten moita vitamina

da horta para a cociña

sen contaminar

Letra e música Chus Domínguez

Para grandes, escollemos unha música de Sacha na Horta que se chama Horta Revolution.

Sacha na Horta: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/12/saca-na-horta-fora-do-regho.html


PROPOSTAS DE TRABALLO NAS AULAS

  • Campo semántico da horta (segundo o nivel:encher ocos, colorear debuxos, tirar fotos…)
  • Outra idea relacionada co consumo responsábel: na Galiza,os eidos para autoconsumo son un exemplo de economía suntentábel. Debater sobre isto para non perder o que, con certeza, fixeron, ou aínda fan, as nosas avoas, como Balbina: a sorte de sabermos cultivar os nosos alimentos (ou de que aínda haxa alguén na casa que poida aprendernos). Valorar esa sabedoría que noutros lugares, infelizmente, xa non existe.Pódese tratar o tema de forma máis ou menos complexa, dependendo da idade do alumnado.

Sobre isto, hai un vídeo que se lle gravou hai tempo á nai dunha alumna da escola. Nel reflexiona sobre o que na Galiza facemos ben, sen saber, ás veces, que o facemos ben (ela é estranxeira).

“A horta de Balbina

ten moita vitamina

da horta para a cociña

sen contaminar”

“Abramos regos e fochancos

arriba fouces e machados.

Abaixo as reixas e os valados (…)

co-lle-o-sa-cho”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s