A lingua en imaxes · Sin categoría

I concurso: “Fotopalabras, a lingua en imaxes” – Cartel e bases

cartelbc
Cartel do concurso

 

                                                   BASES                                                                

 

I Concurso de  Fotopalabras,  a lingua en imaxes

     Envíanos a palabra galega que máis che preste, por fermosa ou por serche significativa, xunto cunha fotografía que para ti a represente e entrarás no concurso de ” Fotopalabras, a lingua en imaxes “. A fotografía deberá ser orixinal, feita por ti, co móbil ou cámara.

     As fotografías serán publicadas no blog de Móllate coa Lingua e nas súas redes sociais. Tamén impresas para expoñer nos corredores do centro.

   Haberá dúas categorías, unha para as fotopalabras do centro CPI Terras de Maside, e outra para as fotopalabras que envíen alumnas e alumnos doutros centros. E dentro de cada categoría haberá 3 seccións: unha de fotografía de infantil, outra de primaria e outra de secundaria.

     Os premios consistirán nun lote de libros e/ou discos en cada unha das seis seccións.

     Enviaranse as fotografías adxuntas nun correo electrónico a

                                                  mollatecoalingua@gmail.com

     O correo deberá indicar no asunto “Fotopalabra”; no corpo, a palabra seleccionada, nome e apelidos da persoa que a presenta, curso e centro no que esa persoa estuda. A fotografía presentada a concurso debe enviarse como arquivo adxunto neste correo.

     A participación no concurso supón a aceptación destas bases e a cesión das fotografías ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside, que poderá facer o uso que considere oportuno delas.

Poderanse enviar fotografías ata o  30 de abril de 2017.

     O xurado estará composto por membros do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside.

     Os premios entregaranse nos actos do día da celebración das Letras Galegas do CPI Terras de Maside.

        Animádevos a participar!

 

 

basesbc
Bases do concurso

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s