Música · Sin categoría

Un vento vén

Comezamos unha serie de entradas dedicadas aos Labregos do Tempo dos Sputniks coa música que abre o disco Libremente.

O disco, editado en 2016, recolle temas que o grupo tocou durante dez anos ao vivo, con versións de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro ou músicas de Fuxan os Ventos, entre outros.

Pepe Cunha fala do disco nesta entrada de Ábrete de Orellas, onde atoparedes tamén a ligazón ao Bandcamp dos Labregos.

A continuación deixámosvos a letra do tema no disco no que Mero, Mini e O García recitan “A poesía é o gran milagre do mundo”, de Luís Pimentel. A música Un vento vén é unha versión dun tema de Xulio Formoso (con letra de J. Ignacio Sesto). Soará esta semana na escola esta versión dos Labregos.

No vídeo que tedes a seguir os Labregos recitan un poema de Séchu Sende, que tamén podedes ler abaixo.

Un vento vén”, Libremente, Labregos do Tempo dos Sputniks, 2016

Letra: J. Ignacio Sesto/ Música: Xulio Formoso/Adaptación e arranxos: O Leo e Labregos/ Recitación: “A poesía é o gran milagre do mundo” de Luís Pimentel, nas voces de Mero, Mini e O García.

Allez, viens j´tèmmèné au vent”, LOUIS ATTAQUE (Ala, vente, que te levo ao vento)

Vén, vén, vén, un vento vén,

vén, vén, vén, un vento vén.

Vento norte, vento forte,

vén, vén, vén, un vento vén.

(REFRÁN)

Insinareiche sin berros.

O poeta é un mestre sin ira.

Levareite ó meu reino,

onde te agarda

a bandeira da espranza.

Non che amostrarei aquela

triste, abatida sobre o mastro,

solitaria baixo unha chuvia cincenta.

Estou arrependido de pensar

que o máis brosmo e brután dos homes

non poida descalzarse

pra entrar no noso reino.

(A poesía é o gran milagre do mundo!)

Portas de ferro fechadas

ten a casa do patrón

para non deixar que entre o vento, vén,

de revolución.

REFRÁN

Eu faréi que olles a través das túas maos toscas

a luz da túa sangre.

Puliremos a túa frente de seixo

hasta case facela lúa.

Non che faréi erguer pesadas pedras,

nin subir o monte máis alto

onde cravada está

a bandeira do meu verso,

nin soster cos teus hombros as noites.

Todo esto xa o ten feito o poeta

por ti, para ti e máis para o mundo.

Eu asegúroche que quedarás enviso

fitando prás estrelas.

O xoto palpexar das túas maos

chegará a conocer as rosas invisibles na noite.

Sentirás o borboriño da propia sangre

i o silencio que todos levamos

cando digas:

os seos da miña amada…

Quedarás deslumbrado pola súa luz,

baixo da sombra verde no bosque.

(A poesía é o gran milagre do mundo!)

Mais ten as portas abertas

o pobo traballador

pra deixar entrar o vento, vén,

da revolución.

REFRÁN

Faremos música do teu vocerío.

Eiquí estamos coa túa lingoaxe vulgar.

Nomearás calquera cousa

-árbol, cabalo, pedra…-

e veralos nacer coa súa vida máis íntima,

cos seus contornos máis puros.

Olla esa formiga,

ise argueiro mouro…

Que delicados dedos de alfareiro

puideron modelar tan pequechiño corazón,

que latexa agora baixo dos altos árboles?

Non te decatas de que se moveu o silencio?

É esa noitarega

que nesgou o bosque:

doces, xordas plumas,

abanador da noite.

(A poesía é o gran milagre do mundo!)

Meniña, esta longa noite

de pedra estase a acabar.

Alborexa o día cun vento, vén,

de libertá.

———————————————————-

No vídeo do concerto no Carballiño recitan un poema de Séchu Sende:

“Galiza é um caminho que construímos com

palavras, com música, com siléncio,

com pedras e com terra.

Galiza é um caminho que

fazemos com sonhos e

ouriços cacho, com justiça e

criatividade, com sprays

e arcos da velha

e mais palavras.

Galiza é o caminho do

nosso idioma, que

caminhamos milheiros de

homes e mulheres, nenos e

nenas de maos dadas.

Galiza é um caminho de palavras.”

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s