Sin categoría

Día Internacional das Mulleres

8 de Marzo. É difícil facer unha selección para un día como este. Quedarán tantas cousas fóra…

O primeiro pode ser un libro dunha colección ben interesante que acaba de chegar á biblioteca.

A colección chámase Mulleres bravas da nosa historia e diríxese a público infantil para dar a coñecer a historia de mulleres galegas senlleiras e ás veces esquecidas, como Rosalía de Castro ou María Victoria Moreno.

A colección, editada por Urco, ve a luz grazas á colaboración de patrocinadoras e patrocinadores a través da plataforma Verkami.

As mulleres bravas no Zig Zag Diario da TVG

O segundo son dous documentais que poderemos ver na rede o día 8 de marzo.

A palabra xusta, documental realizado por Miguel Piñeiro sobre Antía Cal, pedagoga galega e fundadora da escola Rosalía de Castro. Poderá verse na web de El País o día 8 de marzo.

Información do documental no PGL

Outro documental que se dispoñibiliza este día é Fíos Fóra, realizado por Illa Bufarda para Amarante Setem.

Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.
Un documental con historias de obreiras entre costuras e patróns”.

Accede á páxina de Fíos Fóra

O terceiro son as conclusións dunha asemblea. Para ler detidamente.

Conclusións da Asemblea do “I Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza.”

Na I Asemblea de Mulleres Repentistas da Gz decidimos que, por unha banda, cómpre asumir o poder da autoxestión e da aprendizaxe colectiva, ademais de fuxir dos tópicos e do humor básico baseado no insulto e o chiste sexual.

Ademais é preciso reformular os temas e as formas e buscar novos modelos dentro da nosa propia tradición, como por exemplo o brindo, máis poéticos e acordes coa nova ideoloxía que queremos transmitir nas nosas coplas.

Ademais hai que ponher en valor os coidados, a idea de coidar as companheiras e tamén deixarse coidar por elas, de xeito que reunirse sexa un pracer e unha ledicia para todas.

Respostar, respostar e respostar, como norma e educar e re-educar na igualdade e nos valores do feminismo.

Ademais cómpre racharmos coa tradición en todas as súas dimensións discriminatorias e ferintes.

Finalmente, asumir que todas somos regueifeiras, porque todas regueifamos, sexa cinco minutos ou tres horas, e ninguén pode negar a nosa condición de mulleres que usan a improvisación oral como un campo máis das súa reivindicación e posta en valor: somos regueifeiras porque queremos selo.

As Cruces. 28 de Xaneiro de 2017

O cuarto é unha música, claro, 8 voces de 8 mulleres galegas para o 8M.

Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Pilocha, Carmen Rey, Belem Tajes, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky. A letra e a música é da máis nova de todas elas, Alba María.

Reuniron o seu talento e a súa forza vocal, puxérono para dar pulo á causa feminista neste 8M, a proposta das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña como forma de comemorar o Día Internacional das Mulleres.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s